Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMT GON815 Os Eidos, Baíña.
Situación: Baiona.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 768 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) proxectado no apoio existente C-200-12 da LMT GON815 e final no PAS no apoio proxectado HV-1000-R13. Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado. A instalación está situada nos lugares do Río e Os Eidos, parroquia de Baíña, Baiona.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra