Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de centros da área de Política Social da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 27/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 27/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información dentro da área de Solucións Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, en particular do sistema de información centralizado e corporativo que soporte os requisitos de xestión e prestación asistencial dos centros dependentes da Xunta de Galicia na área de Servizos Sociais.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: 30 meses contados a partir do 1 de maio de 2016. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 30 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.450.000,00 €, máis 304.500,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.754.500,00 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

2016: 362.500,00 € + IVE (76.125,00 €) = 438.625,00 €.

2017: 580.000,00 € + IVE (121.800,00 €) = 701.800,00 €.

2018: 507.500,00 €+ IVE (106.575,00 €) = 614.075,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24130

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 11 de abril de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 29 de febreiro de 2016.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia