Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (757/2013).

Juan Rey Pita, o letrado da Admnistración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 757/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rey Álvarez contra Transportes Arrive IS S-20, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 10 de febreiro de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transportes Arrive IS S-20, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

O letrado da Administración de xustiza