Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8455

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (275/2014).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo verbal 275/2014 seguido por instancia de VFS Financial Services Spain EFC, S.A.U. contra Metalpena, S.L. foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que, estimando a demanda presentada pola procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de VFS Financial Services Spain EFC, S.A.U., declaro resolto o contrato de arrendamento subscrito entre VFS Financial Service Spain EFC, S.A.U. e Metalpena, S.L., de data 26 de novembro de 2011, con número 515015/68/2007, e condeno Metalpena, S.L. a entregar a VFS Financial Service Spain EFC, S.A.U. o vehículo Renault modelo Mascott con número de bastidor VF656ANA000000568 e matrícula 5768FXM, xunto con todos os documentos de rexistro e demais documentación administrativa relativa a obxectos (ficha técnica e permiso de circulación) e todos os elementos que se consideran parte deles, xunto coa documentación precisa, a fin de que se proceda a modificar nos rexistros da Dirección Xeral de Tráfico e do Rexistro de Bens Mobles as inscricións precisas co fin dun uso pleno por parte da demandante.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E encontrándose o devandito demandado, Metalpena, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este anuncio co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 27 de novembro de 2015

A secretaria xudicial