Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo de elaboración e distribución de material que garanta a rastrexabilidade e promoción do bonito do norte, contratación documentalmente simplificada (expediente 10/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para a elaboración e distribución de material que garanta a rastrexabilidade e promoción do bonito do norte.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 6 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79824000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non harmonizado.

Criterios de adxudicación: varios criterios recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 80.000 €; IVE (21 %): 16.800 €; Importe total: 96.800 €.

Valor estimado: 160.000 €.

5. Financiamento: Unión Europea (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca-FEMP) nun 75 % e Estado Membro nun 25 %, dentro da prioridade da Unión/obxectivo/medida do FEMP: 5.1.3: medidas de comercialización.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario (grupo M, subgrupo 4 e categoría 1 ou categoría A) segundo se indica na letra H do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: segundo o disposto nas letras J e K do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 62 61/981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Fax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Enderezo da internet do perfil de contratante onde poderán obterse os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24102

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar