Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento do permiso de investigación Calvente, número 7136.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai saber que por Resolución do 15 de decembro de 2015, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, se outorgou o permiso de investigación Calvente número 7136, de 32 cuadrículas mineiras, para a investigación de cuarzo e outros, nos termos municipais de Oroso, O Pino e Santiago de Compostela, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña