Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8325

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos de conformidade coas competencias desta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos de conformidade coas competencias da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2015

Título

Data de

sinatura

Importe (€)

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade de A Coruña para a realización de prácticas académicas externas.

1.9.2015

Non ten contido económico.

Convenio marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Clima.

30.9.2015

Non ten contido económico.

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

14.12.2015

Non ten contido económico.

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, coa Fundación Bancaria La Caixa, en materia de espazos naturais protexidos.

15.12.2015

120.000,00€

Convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), a Deputación Provincial de Ourense, o Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (Inorde), Cooperativas Orensanas Asociadas (Coren), Ecolagunas, S.L. e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de participación do proxecto Regenera Limia.

28.12.2015

2.053.808,00€

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Pantón.

16.9.2015

45.892,19€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Pantón.

19.11.2015

24.849,88€

Addenda do convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio a Fundación Galicia Sustentable para o Programa de participación cidadá na paisaxe Somos Paisaxe.

31.12.2015

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda de adhesión ao convenio de colaboración entre as comunidades autónomas de Castilla y León, Extremadura, Madrid, Aragón, Valencia e Principado de Asturias, e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais para o seu ámbito territorial.

17.11.2015

Non ten contido económico