Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC) (expediente AB-EIO1-15-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Casetas de Administración, rúa Ramón Puga, nº 54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 57 02.

5º. Telefax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIO1-15-006.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC), dependentes da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: si, sete (7) lotes.

d) Lugar de execución: ver cláusula 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 547.575,84 euros. Valor estimado por lotes: lote 1: 64.617,84 euros. Lote 2: 85.856,40 euros. Lote 3: 49.457,52 euros. Lote 4: 53.953,20 euros. Lote 5: 100.608,48 euros. Lote 6: 96.314,40 euros. Lote 7: 96.768,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 260.750,40 euros. Importe total: 286.825,44 euros.

Lote 1: importe neto: 30.770,40 euros. Importe total: 33.847,44 euros.

Lote 2: importe neto: 40.884,00 euros. Importe total: 44.972,40 euros.

Lote 3: importe neto: 23.551,20 euros. Importe total: 25.906,32 euros.

Lote 4: importe neto: 25.692,00 euros. Importe total: 28.261,20 euros.

Lote 5: importe neto: 47.908,80 euros. Importe total: 52.699,68 euros.

Lote 6: importe neto: 45.864,00 euros. Importe total: 50.450,40 euros.

Lote 7: importe neto: 46.080,00 euros. Importe total: 50.688,00 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, ver cláusula 5.3.1, letra f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3.1, letras g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de marzo de 2016. Se o último día de presentación ou envío de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

2º. Enderezo: Edificio Santa María Nai, planta -3, rúa Ramón Puga, nº 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: a data e hora de realización da mesa de apertura do sobre B (acto público) publicarase no perfil do contratante (http://www.sergas.es).

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s. O importe máximo estimado indícase no apartado 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de febreiro de 2016.

12. Outras informacións.

Publicación anterior: anuncio de información previa DOUE 2015/S 131-240843, do 10 de xullo de 2015.

Ourense, 15 de febreiro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras