Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8259

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de marzo de 2016 pola que se aproban os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Con data 7 de marzo de 2016, entra en vigor a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), que modifica o ámbito de aplicación da lei, potencia o control sobre os eventuais conflitos de intereses que poidan xurdir no exercicio do cargo e tras o cesamento, o control da actividade das persoas que ocupan altos cargos e aumenta os datos que se deben publicar.

Así, a partir da entrada en vigor da referida lei, todas as persoas que pasen a ocupar altos cargos deben facer pública a información da súa situación patrimonial. A declaración de actividades debe incluír as actividades realizadas pola persoa que pase a ocupar o alto cargo durante os dous anos anteriores, os datos que se deben incluír na declaración de bens patrimoniais tamén se modifican e establécese tamén a obriga de publicar as resolucións de autorización do exercicio de actividade privada logo do cesamento dos altos cargos.

Isto obriga a aprobar novos modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, axustados ás obrigas derivadas dela.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece na disposición derradeira cuarta a habilitación ás persoas titulares das consellerías competentes por razón da materia para ditaren cantas outras disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do establecido nesta lei.

Pola súa banda, o Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Xunta de Galicia, dispón no seu artigo 17 que as declaracións de actividades e de bens patrimoniais se cubrirán nos modelos aprobados pola consellería competente en materia de incompatibilidades de altos cargos.

Ao abeiro da anterior habilitación, a presente orde ten por obxecto aprobar os modelos oficiais en que se deberán formular as declaracións por parte dos altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Tamén se publica un modelo de declaración previa á toma de posesión das reguladas no artigo 4 do Decreto 205/2008, cunha función orientativa e que comprende o contido mínimo previsto para esa declaración. Este modelo non ten carácter obrigatorio en canto á forma, ben que abrangue o contido mínimo previsto para tal declaración, nos termos establecidos no mencionado artigo 4.

Os modelos que se aproban nesta orde estarán accesibles no enderezo web desta consellería para facilitarlles aos destinatarios o cumprimento do trámite legalmente previsto.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na disposición derradeira cuarta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Único. Apróbanse os modelos das declaracións e comunicacións a que se refire Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, que son os seguintes:

Anexo I

Modelo de declaración previa á toma de posesión

Anexo II

Declaración de actividades do alto cargo

Anexo III

Declaración de bens patrimoniais

Anexo IV

Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Anexo V

Declaración de actividades ao cesamento

Disposición derrogatoria única

Queda derrogada a Orde do 12 de maio de 2009 pola que se aproban os modelos oficiais de declaración de actividades e declaración de bens patrimoniais que deben formular os altos cargos da Administración autonómica e cantas disposicións se opoñan ao establecido na presente orde.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o 7 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file