Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8240

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN 4/2016, do 18 de febreiro, pola que se nomea profesora contratada doutora a Paula Gómez Pérez (praza 05-PCD-04).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor/a contratado/a doutor/a 05-PCD-04 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/029/2015, do 18 de novembro, (DOG do 27 de novembro), e unha vez presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Paula Gómez Pérez, con DNI 34982582-L, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa, situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.

Marín, 18 de febreiro de 2016

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín