Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/582-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción dunha instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Einsa Print, S.A.

Domicilio social: estrada Cabanas, polígono Penapurreira, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: reforma CS e entroncamento con rede de distribución existente.

Situación: estrada Cabanas, polígono Penapurreira, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: reforma do CS existente. Cela de triplo interruptor non extensible: entrada de liña proxectada LMTS chegada de liña, saída de liña proxectada LMTS continuación de liña UF e saída de liña Einsa Print, S.A.

Cela de interruptor+protección non extensible. Cela de medida. Cela de dobre protección extensible (protección LMTS existente CT1 Einsa Print, S.A. e protección LMTS existente CT2 e CT3 Einsa Print, S.A.).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña