Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7768

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (142/2015).

Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fai saber que, con data do 11 de xuño de 2015, Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza nos autos de xuízo de faltas 142/15, contra María Isaura Miguéns Rodríguez e María del Carmen Miguéns Rodríguez.

Contra esa resolución cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións en secretaría á disposición das partes.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselles a María Isaura Miguéns Rodríguez e a María del Carmen Miguéns Rodríguez, en paradoiro descoñecido. Así mesmo, fáiselles saber que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial