Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016 pola que se convocan os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal co fin de apoiar e impulsar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñaría naval e humanidades, respectivamente. Estes premios están dotados con 12.000 euros cada un, con cargo ao orzamento municipal, e o prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de maio de 2016. Pódese ver máis información en http://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/vice_ferrol_e_responsabilidade_social/premios_investigacion/ e no teléfono 881 01 38 00.

Ferrol, 28 de xaneiro de 2016

Mª Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social