Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-RI-0678/2015-ORS e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-RI-0678/2015-ORS e oito mais.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial de A Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-RI-0678/2015-ORS.

Persoa interesada: Jesús Silva Vidal.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Campo, 53, Cabo de Cruz, Boiro.

Expediente: PSC-CO-012/2016-PPM.

Persoa interesada: Marino Juan Guzmán Encina.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. de Chile, 32-1º A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-033/2016-PPM.

Persoa interesada: Luz Divina Fajardo Muñiz.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosaledas, 8, Escarabote, Boiro.

Expediente: PSC-CO-036/2016-PPM.

Persoa interesada: Eugenio Adolfo Lojo Rodríguez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Costadal, Escarabote, 104, Boiro.

Expediente: PSC-CO-040/2016-PPM.

Persoa interesada: José Martínez Cerquides.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Cruceiro de Barro, 4, Noia.

Expediente: PSC-CO-044/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan del Río Lires.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosa de Arriba, 37, Noia.

Expediente: PSC-CO-048/2016-PPM.

Persoa interesada: Alberto Mora Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. da Ponte, 3-2º B, A Illa de Arousa.

Expediente: PSC-CO-051/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Sánchez Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Principal, 74, bloq. 2-3º C, Boiro.

Expediente: PSC-CO-654/2015-COP.

Persoa interesada: Mª Belén Barca Varela.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Emilio González López, 72-1º, Malpica de Bergantiños.