Tras o cesamento de José Felicísimo Pereira Freijido como vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, debido ao seu nomeamento como presidente, o Pleno deste organismo reunido o pasado día 18 de febreiro elixiu a Concepción Iglesias Pousa para ocupar o dito cargo.
Conforme indica o artigo 23 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que exercerá a vicepresidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.
Polo anterior,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear vicepresidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro a Concepción Iglesias Pousa.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural