Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o sometemento a información pública do expediente IN407A 2015/298-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 20 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sobrado (IN407A 2015/298-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/298-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.

Concello: Sobrado.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

Ml aér.

Ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Aro da Cancela

Eucaliptos e piñeiral

Hros. José Pandelo Lodeiro Repr.: José Luis Pandelo Pandelo

1

9

73

1.168

5

Aro da Cancela

Monte baixo e prado

Hros. José María Espantoso Buján

17

167

22

Monte Mesto

Monte alto

Josefa Valiño García

7 e 8 (1/2)

3

129

1.990

24

Revoltón

Monte alto

Hros. Carmen Brañas Pandelo

16

255