Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se inicia o expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Portoscarros número 135, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a iniciación do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Portoscarros número 135, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

Así mesmo, infórmaselles aos interesados que o expediente está á súa disposición nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, soto 2, Servizo de Enerxía e Minas), xa que segundo os artigos 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán achegar, no prazo de dez (10) días, cantas alegacións, documentos ou informacións coiden pertinentes.

Lugo, 17 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Portoscarros número 135.

Interesado: Jesús Armesto Busto.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Último domicilio coñecido: r/ do Rosal, 4, Lugo.