Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de febreiro de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador IU3/104/2011-SA1, devolta polo órgano notificador por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de novembro de 2015, resolución pola que se lles impón unha sanción á empresa Fermagri, S.L., e a María Dolores Salgueiro Domínguez, en calidade de propietarios e promotores das obras, como responsables da comisión dunha infracción urbanística moi grave pola realización de obras consistentes na construción dunha edificación auxiliar e pola actividade de depósitos de materiais e estacionamento de vehículos ao aire libre na parcela 175 e en parte da 375 do polígono 60, no termo municipal de Monforte de Lemos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, á elección deste, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística