Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 26 de xaneiro de 2016, de notificación da aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lois-Montes de Ribadumia (Ribadumia, Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas cuxa relación se achega, que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou, o día 23 de maio de 2014, a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Lois-Montes de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), que estivo exposto ao público no Concello de Ribadumia e nos lugares de costume no período legalmente establecido.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

No caso de que se formulasen alegacións con relación ao proxecto, o resultado destas sería o que deriva das fichas de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non é definitivo en vía administrativa, os interesados da relación que se anexa poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, dentro do prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº prop.

Nome e apelidos

117

Dolores Alfonsín Vázquez

225

Camilo Beloso Sabarís

226

José Beloso Sabarís

417

Descoñecidos-aproveitamento comunal polos veciños-parroquia de Besomaño

418

Descoñecidos-aproveitamento comunal polos veciños-parroquia de Leiro

606

Sergio Fernández Piñeiro

606

Adriana Fernández Piñeiro

621

José Fuentes Abal

634

Ramón García Núñez

983

Héctor Omar Núñez Pérez

1232

Ramón Rey Prado

1232

Carmen Rey Prado

1232

Isidoro Rey Prado

1232

Raúl Rey Prado

1324

Dolores Salgado Fariña

1507

José Manuel Vázquez Núñez

1515

Valentín Vázquez Portas