Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador MON-LU-0201/2015-CAF.

En cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que establece a publicación no Boletín Oficial del Estado como requisito para a eficacia da notificación, logo de intentada e non realizada a dita notificación persoalmente en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, tal e como dispón o artigo 61 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Medio Rural.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 16 de febreiro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0201/2015-CAF.

Interesado: Valentín Meilán Dacal.

Acto notificado: acordo de incoacion.