Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Cuartos de Borbén, no concello de Pazos de Borbén, do que resulta como beneficiaria a empresa Eléctrica Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2015/104-4).

A instalación denominada LMTS e CT Cuartos de Borbén, no concello de Pazos de Borbén, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 26 novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados; ten a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 9 de marzo de 2016, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Pazos de Borbén.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 25 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e CT Cuartos de Borbén

Nome e apelidos

Enderezo

Nº apoio

m2 solo

Concello

1

Hrdos. de Germana Fragueiro

Descoñecido

CT

80

Pazos de Borbén