Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS nova saída da subestación de Cangas.
Situación: Cangas e Moaña.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 5.980 metros de lonxitude, con orixe na cela de saída da subestación de Cangas e final no tramo da LMTS CII8080329 cara ao centro de transformación Tirán O Igrexario (36CU99). A liña discorre polos municipios de Cangas e Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 3 de febreiro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra