Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de setembro de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á legalización de liñas eléctricas localizadas no dominio público portuario de Malpica, solicitada por Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente 12-19-15-C-1).

Estase a tramitar, na Xefatura da Zona Centro de Portos de Galicia, unha concesión administrativa a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A, para a legalización das liñas eléctricas localizadas no dominio público portuario de Malpica, de acordo co anexo 1 do proxecto de instalacións eléctricas de Unión Fenosa Distribución, S.A. no porto de Malpica, asinado polo enxeñeiro industrial Burkard Hecht Elorduy (colexiado nº 2633), con data do 8 de setembro de 2015.

O que se fai público, para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia