Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da procedencia do reintegro total da subvención de iniciativas emprendedoras de emprego (I+E+E) convocada pola Orde do 7 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 18 de maio), relativa ao expediente TR340K-2010/48 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no tablón de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ás empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a sala contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con carácter previo, poderán comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: TR 340K 2010/48-1.

Tipo de subvención: subvención á xeración de emprego estable.

Beneficiario/a: Servicios de Interiorismo y Soluciones Técnicas de Mobiliario, S.L.

NIF: B70243530.

Materia: Programa de iniciativas emprendedoras de emprego.

Data da resolución: 8 de xullo de 2015.

Expediente nº: TR 340K 2010/49-1.

Tipo de subvención: subvención ao inicio de actividade.

Beneficiario/a: Servicios de Interiorismo y Soluciones Técnicas de Mobiliario, S.L.

NIF: B70243530.

Materia: Programa de iniciativas emprendedoras de emprego.

Data da resolución: 8 de xullo de 2015.

Expediente nº: TR 340K 2010/170-1.

Tipo de subvención: subvención á xeración de emprego estable.

Beneficiario/a: Gallega de Mantenimiento y Proyectos, S.L.

NIF: B70246616.

Materia: Programa de iniciativas emprendedoras de emprego.

Data da resolución: 9 de xullo de 2015.