Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/630-1).

Número de expediente: IN407A 2015/630-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CT avda. Enrique Salgado Torres, nº 9.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,018 Km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS GRN-732, entre o CT Grelilla (expte. 240/03) e o CT UF Bens (expte. 212/06) condutor tipo RHZ1-12L 12/20 kV 3x240 mm2 Al, e final no CT estación de servizo proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña