Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (376/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 376/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Beracoechea López contra Reyes y Gago, S.L., Ministerio Fiscal, Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 5

A Coruña

Reforzo

Sentenza: 79/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 376/2015.

Demandante: Rosa María Beracoechea López.

Letrado: Sr. Caseiro Gómez.

Demandado: Reyes y Gago, S.L.

Fogasa

Letrada: Sra. Prósper Montalvo.

Sentenza nº 79/2016

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.

Decido:

1. Desestimar a acción sobre despedimento formulada por Rosa María Beracoechea López contra a empresa Reyes y Gago, S.L. ao concorrer a excepción de caducidade da acción e, en consecuencia, absolvo esta dos pedimentos formulados contra ela en relación con tal acción.

2. Desestimo a acción de danos e perdas formulada por Rosa María Beracoechea López contra a empresa Reyes y Gago, S.L. e, en consecuencia, absolvo esta dos pedimentos formulados contra ela en relación con tal acción.

3. Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidade formulada por Rosa María Beracoechea López contra a empresa Reyes y Gago, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 3.705,57 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos, así como o 10 % de xuro de demora conforme o artigo 29.3 ET.

4. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo do Social da Coruña.»

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Reyes y Gago, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, tres de febreiro de dous mil dezaseis

A secretaria xudicial