Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de produtos lácteos (expediente MS-ASF1-15-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: MS-ASF1-15-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de produtos lácteos.

c) Lotes (de ser o caso): tres lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 15511000-3; 15500000-3.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

DOUE 2015/S 158-290409, do 18 de agosto de 2015.

BOE nº 209, do 1 de setembro de 2015.

DOG nº 162, do 26 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 336.808,03 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 140.336,68 euros.

Importe total: 150.357,85 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de xaneiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2016.

c) Contratistas:

Lote 1 e 2: Feiraco Lácteos, S.L.

Lote 3: Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L.

d) Importes de adxudicación:

Lote 1: importe adxudicado sen IVE: 27.797,70 euros; importe adxudicado con IVE: 28.909,61 euros.

Lote 2: importe adxudicado sen IVE: 27.329,60 euros; importe adxudicado con IVE: 28.422,78 euros.

Lote 3: importe adxudicado sen IVE: 63.895,40 euros; importe adxudicado con IVE: 70.284,94 euros.

Ferrol, 3 de febreiro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol