Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7050

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 6199/12-RCUD 327/14-S).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6199/2012, RCUD 327/14-S desta sala, seguido por instancia de Margarita González Gutiérrez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Sergas, Buma Galicia, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, a Sala IV do Tribunal Supremo ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Jorge Estébanez Juega, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 16 de xullo de 2014, no recurso de suplicación número 6199/2012, interposto por Margarita González Gutiérrez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol do 22 de maio de 2012, no procedemento nº 84/2012, seguido por instancia de Margarita González Gutiérrez contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Buma Galicia, S.L., sobre determinación de continxencia.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído e dando á consignación efectuada o destino legal.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de ... de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2015

A secretaria xudicial