Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca a contratación da xestión de servizos públicos consistente na reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega, tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 93/2015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 93/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión, en réxime de concerto, de prazas residenciais para persoas maiores en situación de dependencia en diversos concellos de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/5 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: diversos concellos da Comunidade Autónoma.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, ata acadar un máximo de 20 anos.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 85311000-2 Servizos de asistencia social con aloxamento.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: setenta e tres millóns trescentos cincuenta e dous mil trescentos cincuenta euros con cincuenta céntimos (73.352.350,50 €).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento da licitación ascende á cantidade dun millón novecentos corenta e tres mil seiscentos trinta e catro euros (1.943.634 €), ao cal se lle engaden setenta e sete mil setecentos corenta e cinco euros con trinta e seis céntimos (77.745,36 €), que corresponden ao IVE, o que fai un total de dous millóns vinte e un mil trescentos setenta e nove euros con trinta e seis céntimos (2.021.379,36 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación correspondente ao lote ou lotes dos cales resulte adxudicatario, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24013

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social