Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca a contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ferrol, tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 71/2015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 71/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica no centro de día para persoas maiores con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas da Xunta de Galicia en Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: concello de Ferrol.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, ata acadar un máximo de 20 anos.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 85312100-0 Servizos de centro de día.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: once millóns cincocentos quince mil cincocentos oitenta e un euros con setenta e tres céntimos (11.515.581,73 €).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento da licitación ascende á cantidade de trescentos tres mil douscentos sesenta euros con sesenta céntimos (303.260,60 €), ao cal se lle engaden dezasete mil cento setenta e nove euros (17.179 €), que corresponden ao IVE, o que fai un total de trescentos vinte mil catrocentos trinta e nove euros con sesenta céntimos (320.439,60 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24017

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico de la Consellería de Política Social