Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o requirimento emitido pola Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RRO/DC/2013/00113).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle á persoa que se indica no anexo o requirimento emitido pola Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar o requirimento na Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, situada nos edificios administrativos San Lázaro en Santiago de Compostela.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO I

Nº de procedemento

Nº de licenza

Expedición

Nome e apelidos

RRO/DC/2013/00113

2009-1501-0170

2.3.2009

Rolando Cambón Rojo