Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6834

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece, no seu artigo 3, os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo, entre estes, o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos, establece na súa disposición adicional primeira que esta asumirá desde a súa posta en funcionamento as competencias atribuídas en materia de xestión de escolas infantís á Dirección Xeral de Familia e Inclusión. A nova entidade subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das súas competencias.

Na súa disposición transitoria primeira, o dito decreto establece, non obstante, que a persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión desenvolverá transitoriamente e pola súa propia condición as funcións que corresponden ao/á director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nestes estatutos.

Así mesmo, na mesma disposición establécese que a través das xefaturas territoriais poderán seguirse realizando os labores de apoio para a xestión dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais no seu ámbito territorial, ata que esta dispoña de servizos propios para alcanzar a súa autonomía.

O Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, recolle no seu artigo 1 a creación da Consellería de Política Social.

Pola súa vez, o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, establece no seu artigo 8 a estrutura dos órganos de dirección da Consellería de Política Social que prevé unha Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Por último, o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúe á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias, atribucións que lle correspondían á Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

En consecuencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

A presente resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17.

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicatario/a

1. Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais:

a) Que o neno ou a nena teña a súa residencia en Galicia e xa nacese no momento de presentación da solicitude.

b) Idade do neno ou da nena:

– Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.

– Non ter feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2016.

Non obstante, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

c) Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

Para a presentación da solicitude de novo ingreso será requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas de cursos anteriores, no caso daquelas familias que xa escolarizasen a outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede.

Artigo 3. Orde de adxudicación das prazas

1. Procedemento ordinario.

As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:

a) Renovación de praza.

As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2015/16 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza, sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2.

O alumnado matriculado en xornada de tarde só poderá renovar praza nese mesmo horario. Non obstante, naqueles centros en que por carecer de demanda suficiente se reduzan os horarios, o alumnado con dereito a renovación de praza en xornada de tarde poderá renovala para o mesmo centro en xornada de mañá.

Poderá renovarse praza noutro centro xustificando o cambio de domicilio e/ou o lugar de traballo cando, logo de rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

b) Novo ingreso.

As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:

1º. Os fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, o acolledor ou acolledora e a titora ou o titor legal.

2º. As nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. Menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. Ao resto das persoas solicitantes adxudicaránselles as prazas que queden vacantes segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas para calquera das dúas opcións solicitadas.

2. Procedemento extraordinario.

a) Ingresos urxentes.

Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un 5 % das prazas de cada centro.

Terán a consideración de ingresos urxentes os seguintes casos:

– Os de menores tutelados pola Consellería de Política Social.

– Os de fillos/as das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero.

– Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

A adxudicación ou denegación de praza nestes supostos será resolta pola persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, por proposta do/da xefa/e territorial da Consellería de Política Social correspondente, nun prazo de cinco (5) días desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, a solicitude terase por desestimada. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Axencia Galega de Servizos Sociais, ou directamente ante o órgano da xurisdición contencioso-administrativa competente ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Solicitudes presentadas fóra de prazo.

Con carácter excepcional, poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no punto 3 do artigo 9 nos seguintes casos:

1º. Nacemento, acollemento ou adopción do neno ou da nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

2º. Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

3º. Outras circunstancias que motivadamente aprecien as xefaturas territoriais da consellería de Política Social.

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir acompañadas da xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro onde se solicita a praza.

3. Traslado de centro.

Poderá concederse o traslado de centro a nenos e nenas con praza concedida nunha escola infantil da Administración autonómica cando se xustifique un cambio de domicilio e/ou de lugar de traballo, sempre que na escola infantil para a que se solicita o traslado existan prazas vacantes.

No caso de non existir prazas vacantes, ocupará o primeiro lugar na lista de espera, logo de aplicar os criterios de prelación establecidos no apartado 1.b) do artigo 3 desta resolución.

Artigo 4. Horario e calendario das escolas

1. Horario.

O horario de apertura das escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17 e a relación delas xunto cos seus enderezos poderá consultarse no anexo VII desta resolución, nos taboleiros de anuncios dos servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial correspondente e na páxina web: http://benestar.xunta.es .

As persoas usuarias dentro do horario de apertura do centro poderán optar por xornada completa continuada ou por media xornada.

Enténdese por xornada completa continuada aquela que se desenvolve desde primeiras horas da mañá, abrangue as horas centrais da actividade escolar e inclúe o servizo de comedor, con independencia da potestade organizativa dos centros.

Enténdese por media xornada aquela que, cun horario máximo diario de catro horas, se desenvolve en xornada de mañá, con ou sen servizo de comedor, ou en xornada de tarde, con independencia da potestade organizativa dos centros. A media xornada de tarde, sen servizo de comedor, só se ofertará nos centros con horario ampliado ata as 20.00 horas.

Con carácter excepcional, poderán admitirse solicitudes de xornada partida cando, por circunstancias familiares acreditadas documentalmente, se xustifique esta necesidade.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola que opte, agás cando, por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas e acreditadas, teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Neste suposto, o caso será estudado e, de ser o caso, autorizado pola xefatura territorial da Consellería de Política Social correspondente.

2. Calendario.

Nas escolas infantís 0-3 reguladas por esta resolución, o curso escolar dará comezo o día 5 de setembro.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral.

Durante o mes de agosto, así como no período comprendido entre o 26 e o 30 de decembro de 2016 e os días 10, 11 e 12, de abril de 2017 abrirá un só centro por localidade, sempre que exista unha demanda igual ou superior a 15 alumnos/as. Nestes casos, o seu peche diario efectuarase ás 17.00 horas.

Así mesmo, durante o curso 2016/17, a escola que permaneza aberta durante os períodos vacacionais de Nadal e Semana Santa será a que abra no mes de agosto, agás nos casos en que esta sexa obxecto dun peche temporal por obras ou calquera outra continxencia. O alumnado doutras escolas da mesma localidade poderá ser atendido na que permaneza aberta. Nestes supostos, a familia deberá xustificar con base en motivos laborais ou enfermidades graves a necesidade de levalo ao centro durante os citados períodos.

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2016/17.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias, deberase formular unha solicitude cunha antelación mínima dun mes, agás imprevistos de carácter grave, que será estudada e, se procede, autorizada pola xefatura territorial correspondente.

Artigo 5. Prestacións

As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor. O horario para o alumnado que opte por esta modalidade de servizo será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

As nenas e os nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos solicitándoo con antelación suficiente, sempre que xustifiquen a súa necesidade e aboen o prezo estipulado.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

Artigo 6. Prezos

1. Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

2. Todas as persoas usuarias aboarán a contía de once mensualidades por curso, agás nos casos establecidos no artigo 5 do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, e no artigo 4.2 desta resolución.

3. A inasistencia do alumno ou da alumna durante un período determinado non supón ningunha redución nin exención do pagamento da cota, agás nos casos establecidos no artigo 5 do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.

Artigo 7. Regras e definicións para a determinación do importe a pagar

Para a determinación do importe mensual do prezo público que se debe aboar polas prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais teranse en conta as especificacións recollidas no anexo do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro. Para estes efectos, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente e:

– As fillas e os fillos menores, con excepción de quen, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes destas/es.

– As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

– As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente en 31 de decembro do ano 2014.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais de cada un dos membros da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro e segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoa físicas (IRPF). Para estes efectos, tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2014.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando forme parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.

Non obstante, cando as circunstancias concorrentes na data da devindicación da declaración do IRPF non coincidan coas circunstancias do momento da presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, teranse en conta estas últimas, tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo e dos distintos descontos. En todo caso, estas circunstancias deberán xustificarse documentalmente no momento de presentación da solicitude.

Artigo 8. Solicitudes e documentación

1. O procedemento de solicitude de praza será como segue:

1.1. Renovación automática de praza.

1.1.1. Para a renovación automática da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2015/16, presentarase o modelo oficial segundo o anexo VI desta resolución, debidamente formalizado e asinado, que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos, así como nas propias escolas infantís 0-3.

Xunto coa solicitude, a persoa interesada achegará o anexo II debidamente cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.

1.1.2. Documentación que se ten que achegar coas solicitudes:

a) Anexo II, agás no caso de familias cunha soa persoa proxenitora.

b) Copia do DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

c) Copia da declaración do IRPF da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, correspondente ao ano 2014, só no caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

Así mesmo, no caso de producírense cambios que afecten a unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.

1.2. Novo ingreso.

1.2.1. Para as solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial segundo o anexo I desta resolución. Neste impreso poderá solicitarse praza para dous centros indicando a orde de preferencia.

Os impresos estarán dispoñibles na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos , e facilitaranse tamén nos propios centros nos que se solicite praza, nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social así como no enderezo electrónico http://benestar.xunta.es .

1.2.2. Documentación que se ten que achegar coas solicitudes:

a) Anexo II, agás no caso de familias cunha soa persoa proxenitora.

b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.

c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza concertada nunha escola infantil de titularidade privada adscrita a este programa.

d) Copia do DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

e) Copia da declaración do IRPF da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, correspondente ao ano 2014, só no caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

f) Copia do libro de familia ou, na sua falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

g) Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia do neno ou da nena para o/a cal se solicita praza, se é o caso, só no suposto de non autorizar a súa consulta ou cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma.

h) Informe emitido polo equipo de valoración e orientación da xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración do neno ou da nena na escola infantil, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

i) Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no caso de non prestar autorización para a súa consulta ou cando se trate de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.

j) Xustificación de ocupación ou desemprego actualizada:

– No caso de persoas traballadoras por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral.

– No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade.

– No caso das persoas desempregadas: certificación de ser demandante de emprego (con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución) da nai, do pai, da titora ou titor legal ou do acolledor ou acolledora.

k) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

– Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai/pai, acolledor/a, do titor/a legal, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, e/ou doutros membros da unidade familiar.

– Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, no caso de familia monoparental.

– Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

l) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

– Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

– Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

– Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

– Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

– Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

m) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.

n) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 30 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2014, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica.

A falta de presentación dalgún destes documentos dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, de calquera das circunstancias alegadas.

1.2.3 Participación no programa de concerto de prazas en escolas infantís privadas.

As persoas interesadas en optar a unha praza nalgunha das escolas infantís de titularidade privada adscritas ao programa de concerto da Consellería de Política Social que non obteñan praza en ningunha das dúas escolas públicas solicitadas deberán cubrir a epígrafe correspondente no modelo de solicitude do anexo I desta resolución e, ademais, presentar o anexo IV debidamente cuberto, no cal se seleccionarán un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas concertadas.

A relación de escolas adscritas a este programa poderá consultarse no anexo VIII desta resolución, así como na páxina web http://benestar.xunta.es.

1.2.4. Participación no programa Bono Concilia.

Así mesmo, as persoas interesadas en participar no programa Bono Concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, que vai dirixido a quen non obteña praza en ningunha das dúas opcións solicitadas, deberán cubrir a epígrafe correspondente no anexo I desta resolución e, ademais presentar:

– Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas, coa indicación da súa contía (anexo III).

– Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo III).

1.2.5 Para os solicitantes que opten simultaneamente tanto a unha praza concertada como á axuda do programa Bono Concilia, a orde de valoración das opcións será en primeiro lugar a de praza concertada e de non obter praza nesta modalidade pasaría a ser valorado para o Bono Concilia.

2. A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web:

http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos, así como nos teléfonos:

012

981 18 57 55

982 29 43 54

988 38 65 95

986 81 77 04

981 95 70 29

981 54 56 66

Artigo 9. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

2. As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, xa mencionados.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 10. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Xunto coas solicitudes deberán achegarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 11. Tramitación dos expedientes

Os servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, como órganos responsables da tramitación dos expedientes, comprobarán que estes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixer así, de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se terá por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da mesma lei.

As xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e a persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais poderán reclamar en calquera momento todos aqueles datos e a súa debida acreditación documental que coiden precisos para a máis eficaz realización da súa función.

Artigo 12. Avaliación das solicitudes

1. A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo V. No caso de obter igual puntuación, terán preferencia, en primeiro lugar, as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e logo as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

2. Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin constituirase, en cada unha das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, unha comisión provincial de baremación e selección coa seguinte composición:

– Presidencia: a persoa titular do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

– Vogais: o/a director/a do centro, unha persoa en representación dos pais, nais, titores/as ou acolledores/as do alumnado do centro de que se estean a baremar as solicitudes e un funcionario/a da xefatura territorial da Consellería de Política Social designado pola persoa titular da xefatura territorial, que actuará como secretario/a.

No caso de escolas de xestión indirecta:

– Presidencia: a persoa titular do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

– Vogais: unha persoa en representación dos pais e nais do alumnado do centro do cal se estean a baremar as solicitudes e dous funcionarios/as da xefatura territorial da Consellería de Política Social designados pola persoa titular da xefatura territorial, un dos cales asumirá a secretaría da comisión.

Os acordos tomaranse por maioría simple e resolverá, en caso de empate, a presidencia.

En cada comisión provincial de baremación procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

3. A dirección de cada centro convocará as nais, pais, titores/as ou acolloderes/as a unha reunión que se celebrará anualmente antes de rematar o prazo de presentación das solicitudes, co fin de elixir a quen exercerá a súa representación na comisión de baremación e selección, mediante votación e por maioría simple.

4. Unha vez baremadas as solicitudes, a comisión de baremación e selección emitirá informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

A persoa titular do servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica elevará o informe xunto coa proposta de selección á/ao xefa/e territorial.

A relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública o día 3 de maio e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web: http://benestar.xunta.es e nos respectivos centros.

Artigo 13. Reclamacións

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos dez (10) días naturais posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 14. Relación definitiva de persoas adxudicatarias de praza

1. Unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, o xefe ou a xefa territorial aprobará a relación definitiva de persoas admitidas e a lista de espera coa puntuación obtida. Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

A relación coa puntuación poderase consultar desde o día 30 de maio nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web http://benestar.xunta.es e nos respectivos centros.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección da Axencia de Servizos Sociais, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As persoas que obteñan praza disporán desde o día 1 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, para presentar no centro onde obtivesen a dita praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado do certificado médico da nena ou do neno. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como na páxina web: http://benestar.xunta.es .

Para os ingresos fóra de prazo disporase de dez días naturais, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución da concesión da praza.

3. A formalización da matrícula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

4. A renuncia a unha praza concedida implica a imposibilidade de obter calquera outra praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

5. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver o procedemento previsto nesta convocatoria será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

6. Na relación definitiva de persoas admitidas estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación e que teñan entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional de admitidas e admitidos.

Artigo 15. Lista de espera

1. A lista de espera estará constituída polas persoas solicitantes que non obteñen praza na 1ª e 2ª opción, ordenadas segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. As prazas vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre as persoas solicitantes en lista de espera.

3. O alumnado integrante da lista de espera que opte ao programa do Bono Concilia será excluído desta ao concedérselle esta axuda, aínda no caso de que renuncie á dita axuda, agás no suposto de que no momento da tramitación da concesión do bono se produzan vacantes nalgún dos centros solicitados e non exista lista de espera neles.

Así mesmo, darase de baixa na lista de espera o alumnado que opte a unha praza concertada nas escolas infantís privadas que participan neste programa e se lle conceda, aínda no caso de que renuncien a ela.

4. As solicitudes que, por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas referidas no punto 2.b) do artigo 3, non se presenten nos prazos fixados nesta convocatoria, serán tramitadas polas comisións provinciais de selección e baremación que, no caso de non adxudicarlles unha praza, as incluirán na lista de espera segundo a puntuación obtida.

5. Na relación definitiva da lista de espera estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data da súa aprobación.

Artigo 16. Revisión do prezo

Ao longo do curso poderase revisar o prezo fixado inicialmente, nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 30 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de seis meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) A variación no número de membros da unidade familiar.

Neste sentido, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación do prezo será resolta pola persoa titular da xefatura territorial e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 17. Baixas

1. Será causa de baixa nas escolas infantís:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das nais, dos pais ou das/os representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

2. Naqueles casos en que a falta de asistencia sexa xustificada e se prolongue máis dun mes, haberá que presentar xustificación con carácter mensual. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) serán resoltas pola persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, por proposta da xefa ou xefe territorial correspondente, unha vez oída a dirección do centro en que realizase a matrícula a alumna ou alumno. Nos demais supostos, aprobarase a baixa por resolución da persoa titular da xefatura territorial de Política Social.

4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que figuren nese momento en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 18. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta resolución, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela; ou a través dun correo electrónico a sxt.politicasocial@xunta.es .

Disposición adicional primeira. Flexibilización do período de escolarización para nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

As familias dos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo escolarizados/as durante o curso 2015/16, poderán solicitar a súa permanencia na escola infantil 0-3 un curso máis, para o que deberán presentar a solicitude de renovación de praza e cubrir a epígrafe correspondente á flexibilización.

Xunto coa solicitude deberán achegar os informes dos/as profesionais que levan o seguimento do neno ou nena (unidade de atención temperá, unidade de rehabilitación, pediatra).

A dirección da escola infantil 0-3 elaborará un informe de observación e seguimento do neno/a e realizará unha valoración sobre a pertinencia da súa permanencia na escola infantil, tendo en conta a súa evolución, as consideracións da familia e os informes doutros/as profesionais, e remitirá a solicitude xunto co resto da documentación á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o seu traslado ao equipo de orientación específico, que emitirá o correspondente ditame de escolarización.

No caso de que o ditame de escolarización sexa favorable, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica emitirá a resolución de permanencia do alumno/a na escola infantil 0-3 para o curso escolar solicitado.

Paralelamente, a familia deberá solicitar praza para o segundo ciclo de educación infantil nun centro que imparta este nivel educativo dentro dos prazos anuais establecidos para estes efectos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito asegurará a escolarización nun centro da súa elección no caso de que o ditame de escolarización sexa desfavorable á flexibilización do período de escolarización.

Disposición adicional segunda. Ratios nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, en ningún caso poderá haber máis dun alumno ou dunha alumna con estas necesidades por aula. Para os efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Disposición adicional terceira. Solicitantes de prazas nas escolas infantís da Casa do Mar de Celeiro e de Marín

As persoas con reserva de praza para o grupo de 2-3 anos nas escolas infantís da Casa do Mar de Celeiro e de Marín dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais que pertenzan ao réxime especial do mar aboarán os prezos públicos regulados polo Instituto Social da Mariña para este tipo de servizos.

Disposición adicional cuarta. Solicitantes de praza na Escola infantil Santa Susana de Santiago de Compostela

Por mor das obras de remodelación que se van levar a cabo nas súas instalacións, durante o curso escolar 2016/17 a escola infantil Santa Susana permanecerá pechada. O alumnado escolarizado neste centro durante curso escolar 2015/16 con dereito a renovación de praza poderá presentar a súa solicitude de renovación para a escola infantil de Vite.

Así mesmo, aquel alumnado que non desexe renovar praza nesta escola infantil debido á súa localización ou a outras circunstancias, poderá optar ás convocatorias do programa Bono Concilia ou do concerto de prazas, nas cales se lle dará preferencia sobre o resto de solicitantes.

Disposición adicional quinta. Centros con horario ampliado

As escolas infantís que figuren con horario ampliado ata as 20.00 horas, que no prazo de presentación de solicitudes non conten con demanda suficiente para formar unha unidade internivelar de 15 alumnas ou alumnos, reducirán o seu horario e pecharán, como máximo, ás 18.00 horas.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

P.D. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Mª Amparo González Méndez
Directora da Axencia Galega de Servizos Sociais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V
Baremo

1º. Situación sociofamiliar.

1.1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

1.2. Por cada persoa que, non forma parte da unidade familiar e está ao seu cargo: 1 punto.

1.3. No caso de que o/a neno/a para o cal se solicita a praza nacese nun parto múltiple: 1 punto.

1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade, enfermidade que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia: 2 puntos.

1.5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais: 6 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

1.8. Outras circunstancias familiares debidamente acreditadas: ata 3 puntos.

2º. Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación:

– Nai: 7 puntos.

– Pai: 7 puntos

2.2. Situación laboral de desemprego (1):

– Nai: 2 puntos.

– Pai: 2 puntos.

2.3. Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

– Nai: 3 puntos.

– Pai: 3 puntos.

– (1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

– No caso de familias monoparentais ou aquelas en que o neno ou a nena conviva cunha soa persoa proxenitora, adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous.

– Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

3. Situación económica.

R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta resolución):

– Inferior ao 30 % do IPREM: +4 puntos.

– Entre o 30 % e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

– Entre o 50 % e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

– Entre o 75 % e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

– Entre o 100 % e inferior ao 125 % do IPREM:-1 punto.

– Entre o 125 % e inferior ao 150 % do IPREM: -2 puntos.

– Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

– Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

– En caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

– Para os efectos desta resolución, están a cargo da unidade familiar as persoas que conviviendo no mesmo domicilio e teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

– No caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais, adxudicarase a puntuación máxima nas epígrafes 2ª e 3ª do baremo.

– No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

missing image file
missing image file

ANEXO VII

Relación de escolas infantís 0-3 dependentes
da Axencia Galega de Servizos Sociais

Provincia

Centro

Enderezo

Localidade

Horario de apertura

A Coruña

EI As Mariñas

Rúa Orillamar, 37

15002 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI O Ventorrillo

Rúa Mosteiro de Caaveiro, 44

15010 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Santa María de Oza

Rúa Xasmíns, U. Veciñal, 5

15008 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Elviña

Avenida Pablo Picasso, 7

15008 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Catabois

Estrada de Catabois, s/n

15405 Ferrol

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Virxe de Chamorro(1)

Rúa Santos, s/n

15401 Ferrol

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Vite

Praza Lalo Hernández, s/n

15704 Santiago de Compostela

Das 7.30 ás 18.00 horas.

Lugo

EI Nª Señora da Purificación

Rúa Concepción Arenal, s/n

27780 Foz

Das 8.00 ás 17.30 horas.

EI Nª Señora do Campo

Rúa Ibáñez, s/n

27700 Ribadeo

Das 8.00 ás 18.00 horas.

EI Nª Señora do Sagrado Corazón

Rúa Curros Enríquez, 34

27004 Lugo

Das 7.45 ás 20.00 horas.

EI Paradai

Rúa Narciso Peinado, s/n

27003 Lugo

Das 7.45 ás 18.00 horas.

EI Casa do Mar de Celeiro

Avenida Ramón Canosa, s/n, Celeiro

27863 Viveiro

Das 8.00 ás 17.00 horas.

Ourense

EI Antela

Rúa Ervedelo, 51

32002 Ourense

Das 8.00 ás 18.00 horas.

EI A Farixa

Rúa Acevedo e Zúñiga, 3

32005 Ourense

Das 8.00 ás 20.00 horas.

EI Virxe de Covadonga

Rúa Valdegola, 7

32001 Ourense

Das 8.00 ás 18.00 horas.

Pontevedra

EI Bouzas

Rúa Pardaíña, 2

36208 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Relfas

Camiño do Marco, 28, Moledo

36214 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Rosalía de Castro

Rúa Baiona, 9, Coia

36209 Vigo

Das 7.45 ás 17.00 horas

EI Caeiro(1)

Rúa Gorguiña, 2, Cabral

36215 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI San Paio

Rolda de Don Bosco, 1

36202 Vigo

Das 7.30 ás 20.00 horas

EI Campolongo

Rúa Xeneral Rubín, s/n, Campolongo

36001 Pontevedra

Das 8.00 ás 18.00 horas.

EI O Toxo

Rúa San Roque, 1

36001 Pontevedra

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Marisma Santa Mariña

Rúa Pexegueiro, 7

36800 Redondela

Das 8.00 ás 17.00 horas.

EI Casa do Mar de Marín

Rúa Ezequiel Massoni, 7

36900 Marín

Das 8.00 ás 17.00 horas.

(1) Estas escolas infantís non dispoñen de grupo 0-1 anos.

ANEXO VIII

Relación de escolas infantís que ofertan prazas a través
do sistema de concerto para o curso 2016/17

Entidade

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Grupo idade

Nº prazas

A Coruña

Fundación Hogar Santa Margarita

EI Fogar Santa Margarida

Valle Inclán, 1-3

15011 A Coruña

A Coruña

0-1

-

1-2

6

2-3

9

G Matogrande, S.L.

EI Pequerrechos Cambre

Constitución, 11-13 P, Marítimo, O Graxal

15670 Cambre

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

A Fraga Encantada, S.C.

EI A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3 B

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

8

Amelia Barallobre Carreira

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29 B, O Temple

15679 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

2

EI Trasnos, S.L.

EI Trasnos

Castellana, 87

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

Santiago de Compostela

Soluciones Educativas Galicia, S.A.

EI Kid’s Garden de Santiago

As Burgas, 6

15705 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

6

EI Os Pequerrechos, S.L.

EI Os Pequerrechos de Santiago

Área Central, L33, 1ª, As Fontiñas

15703 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

Ferrol

Lendo e Crecendo, S.L.

EI Os Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7 B, baixo

15403 Ferrol

A Coruña

0-1

2

1-2

4

2-3

4

Ourense

Colegio Infantil Los Tilos, S.L.

EI Los Tilos

Alfredo Brañas, 62 A

32001 Ourense

Ourense

0-1

6

1-2

11

2-3

11

G. Infantil Os Cativos, S.C.

EI Pequechiños

Nosa Sª da Saínza, 32

32005 Ourense

Ourense

0-1

4

1-2

5

2-3

5

Lazos Colexio Infantil, S.L.

EI Lazos

Irmáns da Xesta, 2 B

32002 Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

4

2-3

4

E. Infantil Lecer, S.L.L.

EI Lecer

Travesía de Portocarreiro, 10-12

32003 Ourense

Ourense

0-1

1

1-2

2

2-3

3

Pontevedra

Asociación Educativa Dalila

EI Integral Dalila Ponteporto II

Ourense, 50, Edificio Ponteporto

36900 Marín

Pontevedra

0-1

3

1-2

8

2-3

8

Parrulos, S.L.

EI Parrulos de Pontevedra

Pr. Fermín Bouza Brey, 1 B

36004 Pontevedra

Pontevedra

0-1

1

1-2

1

2-3

1

Asociación G. Laboral Pipo

EI Pipo de Lérez

Pasarón, 3

36005 Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

5

2-3

5

Rosalía Rodríguez Montes

EI Bamby

San Roque de Abaixo, 1

36001 Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

6

2-3

10

Vigo

Asociación Educativa Dalila

EI Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1 B

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

5

1-2

13

2-3

13

Los Pequerrechos Nigrán, S.L.

EI Pequerrechos

Vilariño, s/n, A Ramallosa

36379 Nigrán

Pontevedra

0-1

1

1-2

1

2-3

1

Urxo Peluxe, S.L.

EI 0-3 Urxo Peluxe

Bº da Guía, s/n, Atios

36400 O Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10

C. E. Infantil O Xardín de Hispanidad, S.L.

CEI O Xardín de Hispanidad

Hispanidad, 46, Romil, 57 A

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

C. Educación Infantil Esme, S.L.

CEI O Xardín

Ramón Couto, 27

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

Colexio Marcote, S.L.

EI Aceimar

A Ponte, 80-82, Cabral

36318 Vigo

Pontevedra

0-1

6

1-2

9

2-3

15

Soluciones Educativas Galicia, S.A.

EI A Cameilia de Vigo

Bravo, 36, Urb. Samil

36212 Vigo

Pontevedra

0-1

4

1-2

13

2-3

13