Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión da explotación denominada Mondoñedo, número 5767.1, en Abadín.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai saber que, mediante Resolución do director xeral de Industria, Enerxía e Minas do 11 de abril de 2013, se outorgou a Norsil, S.A. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Mondoñedo.

Número de expediente: 5767.1.

Recurso: cuarzo.

Termo municipal: Abadín.

Superficie: catro (4) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 15 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo