Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación de potencia CT iluminación polígono 3.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación (iluminación polígono 3) situado no polígono industrial As Gándaras, O Porriño, a 100 kVA con RT 15 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 26 de xaneiro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra