A Axencia Galega de Innovación, con data do 27 de agosto de 2015, enviou unha notificación á empresa Tekplus Aerospace, S.L. co fin de comunicarlle o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento do proxecto de desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro Estéreo, correspondente ao expediente IN841C 2012/189, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015
Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Número de expediente: IN841C 2012/189.
Título: desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro Estéreo.
Nome ou razón social: Tekplus Aerospace, S.L.
CIF/NIF: B36988228.
Tipo de axuda: apoio ao financiamento de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). Axudas para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación correspondentes ao exercicio de 2012 segundo a Orde do 11 de abril de 2012 (DOG do 17 de abril).
Contido do acto: inicio de declaración de perda do dereito ao cobramento IN841C 2012/189.