A Axencia Galega de Innovación, con data do 16 e 21 de setembro de 2015, enviou notificacións á empresa Hidroscivil, S.L. co fin de comunicarlle a declaración de perda de dereito ao cobramento da anualidade de 2012 do proxecto Cleverlight de sistema de iluminación dinámico intelixente para a instalación de iluminación pública, correspondente ao expediente 10TMT006E, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria a declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015
Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Número de expediente: 10TMT006E.
Título: Cleverlight: sistema de iluminación dinámico intelixente para a instalación de iluminación pública.
Nome ou razón social: Hidroscivil, S.L.
CIF/NIF: B36759652.
Tipo de axuda: fomento á investigación e innovación empresarial, procedemento IN830I, convocada por Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo).
Contido do acto: declaración de perda do dereito ao cobramento 10TMT006E.