Despois de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura, que se estrutura segundo consta no anexo.
A Coruña, 5 de febreiro de 2016
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura pola Universidade da Coruña
O título de máster universitario en Arquitectura habilita para o exercicio da profesión regulada de arquitecto, de acordo co disposto na Orde EDU/2075/2010, do 29 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto.
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1.).
1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB)……..….……………...……..… Optativas (OP).………….….…………………….. Traballo fin de máster (TFM)...………………….. Créditos totais.……………… |
30 0 30 |
60 |
3. Contido do plan de estudos.
Módulo |
Materia |
Disciplina |
Créditos ECTS |
Carácter |
Curso |
Organización temporal |
Técnico |
Construción |
Proxecto de Construción |
6 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
Estruturas |
Proxecto de Estruturas |
6 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
|
Instalacións |
Proxecto de Instalacións |
3 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
|
Proxectual |
Composición |
Crítica Arquitectónica |
3 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
Proxectos |
Proxectos Avanzados |
9 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
|
Urbanismo |
Instrumentos de Intervención Urbanística |
3 |
OB |
1º |
Cuadrimestral |
|
Proxecto fin de carreira |
Traballo fin de máster |
30 |
TFM |
1º |
Cuadrimestral |
4. Condicións de terminación.
O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Arquitectura.