Notifícase aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución dos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 LRX-PAC, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta Xefatura Territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 11 de febreiro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expte. |
Nº acta |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
56/2015 |
I322015000018282 |
Escarlata Eventos y Empleos, S.L. |
B32455594 |
R/ Ervedelo, 94, baixo, 32002 Ourense |
17.9.2015 |
626,00 € |
57/2015 |
I322015000018181 |
Escarlata Eventos y Empleos, S.L. |
B32455594 |
R/ Ervedelo, 94, baixo, 32002 Ourense |
17.9.2015 |
1.250,00 € |
58/2015 |
I322015000016969 |
Castillo y Lapizar, S.L. |
J32457574 |
R/ Cabeza de Manzaneda, 2, 32005 Ourense |
7.10.2015 |
626,00 € |
59/2015 |
I322015000019902 |
Escuela Esquí de Manzaneda |
G32249492 |
Lg. Edif. Telesilla-Estación Manzaneda, 32786 Chandrexa de Queixa (Ourense) |
16.12.2015 |
2.046,00 € |