De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta Secretaría Xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: PO-RES-2015-040.
Interesada: Plásticos Rivadil, S.L.
Acto notificado: resolución.