Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016 pola que se anuncia o procedemento aberto, non suxeito a regularización harmonizada, para a contratación documentalmente simplificada do servizo de depósito, custodia, xestión de arquivos, recollida e envío de expedientes e documentos (expediente 1/2016).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Axencia Tributaria de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable.

c) Numero de expediente: 1/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo de depósito, custodia, xestión de arquivos, recollida e envío de expedientes e documentos xerados pola Axencia Tributaria de Galicia.

c) CPV: 63120000-6.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do servizo obxecto desta contratación será de doce meses desde a sinatura do contrato, que poderá ser prorrogado, de xeito expreso e por mutuo acordo das partes e antes da súa finalización, por -como máximo- doce meses máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: un único criterio, o prezo, de conformidade co establecido na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas que rexerá na presente contratación.

4. Orzamento de licitación.

a) Prezo: cincuenta e tres mil setecentos dezanove euros con un céntimo (53.719,01 €), IVE excluído.

b) IVE: once mil douscentos oitenta euros con noventa e nove céntimos (11.280,99 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Axencia Tributaria de Galicia, Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable.

b) Enderezo: Edificio Administrativo Pastoriza, nº 8.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 881 99 52 12.

e) Telefax: 981 54 41 69.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23981

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 1, categoría 1.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada nas cláusulas 6.1, 6.3 e 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou no Rexistro da Axencia Tributaria de Galicia no edificio administrativo da rúa Pastoriza nº 8, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, deberán aterse ao previsto na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo Pastoriza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo Pastoriza, nº 8, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23981

Poderase consultar tamén no perfil do contratante na seguinte páxina web:

http://www.contratosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

María Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia