Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de explotación de bar nas festas organizadas polo concello durante o ano 2016.

Anuncio de licitación do contrato de explotación da barra de bar nas festas organizadas por este concello durante o exercicio 2016, dividido en dous lotes (expediente_contra:2016/002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2016/002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de explotación da barra de bar nas festas organizadas polo Concello de Oroso durante o exercicio 2016, dividido en dous lotes:

– Lote 1: Festa da Xuventude.

– Lote 2: Festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación (factor: prezo).

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: Festa da Xuventude: 13.893,02 euros.

b) Lote 2: Festa da Troita: 4.041,86 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe da adxudicación.

6. Valor estimado: 51.000 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 15 de febreiro de 2016

Vanesa Boo Martínez
Alcaldesa en funcións