Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza en centros dependentes desta consellería (expediente 9/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de formación pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: doce (12) meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 90919300.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non harmonizado.

Criterios de adxudicación: o único criterio para a adxudicación será o prezo.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 156.058,00 €, IVE (21 %): 32.772,18 €. Importe total: 188.830,18 €.

Valor estimado: 195.072,50 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario (grupo U, subgrupo 1, categoría B ou categoría 2), segundo se indica na epígrafe H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 61 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Enderezo da internet do perfil de contratante onde poderán obterse os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24008

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar