Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/610-1).

Expediente: IN407A 2015/610-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT San Cristovo II.

Concello: Ferrol.

Reforma do tramo da liña eléctrica de media tensión aérea SMR-706 O Vispón-San Cristovo (expediente 27190), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,191 km, con orixe en apoio que se instalará tipo torre metálica Milano-C3000/22 no LMT SMR706 tramo O Vispón-San Cristovo (expediente 27190), condutor tipo LA-56 mm2, e final en apoio metálico existente nº 55-11 da LMT SMR706.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT San Cristovo (proxectado), a 15 KV, cunha lonxitude de 0,942 km, con orixe no paso aerosubterráneo en apoio que se instalará tipo torre metálica Milano-C3000/22 no LMT SMR706 tramo O Vispón-San Cristovo (expediente 27190), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-1×240 Al, e final en cela de liña no CT San Cristovo (proxectado).

Centro de transformación prefabricado San Cristovo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/610-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT San Cristovo.

Concello: Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo
e pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

Ml aér.

Ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

A Roza

Monte baixo

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

39

390

2

A Roza

Monte baixo

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

51

511

3

A Roza

Monte baixo

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

51

506

4

A Roza

Monte baixo

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

42

419

5

A Roza

Monte baixo

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

2

    9

  3

3

  31

9

6

O Santo

Monte baixo

Hros. Josefina Fernández Serantes

Centro transformación

29,11