En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 46/14; ref. 2286.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de acondicionamento e renovación do firme actual na praza de Eiroás e na rúa do Pazo.
c) CPV: 45233252-0.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.10.2015, 19.10.2015 e 23.10.2015.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 104.695,74 euros. IVE: 21.986,11 euros. Importe total: 126.681,85 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 30 de decembro de 2015.
b) Data de formalización: 26 de xaneiro de 2016.
c) Contratista: Construcciones Leonardo Miguélez, S.L.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 73.203,26 euros. IVE: 15.372,68 euros. Importe total: 88.575,94 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis barata das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 26 de xaneiro de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde