Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6423

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016 pola que se fai público o nomeamento de Marta Dorado Romero como secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Un. Mediante a Resolución do 20 de xaneiro de 2016, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro, anunciouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante neste consello que se detalla no anexo desta resolución.

Dous. Logo da tramitación do correspondente expediente, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2016, ao abeiro do disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, adoptou o seguinte acordo:

Nomear, por proposta da Presidencia, a Marta Dorado Romero como secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Tres. Os datos da persoa funcionaria nomeada detállanse no anexo da presente resolución.

Catro. Conforme o artigo 20 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, a toma de posesión deberá efectuarse ante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia dentro dos dez días seguintes ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Cinco. Contra o acordo que se fai público, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Dorado Romero, Marta.

NRP: 3282596435 A2071.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Denominación do posto: secretario/a xeral.

Código de posto: CCG 001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.