Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6386

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2015.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á Orde do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2015, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

Partida orzamentaria: 12.22.713D.770, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Beneficiarios e axudas concedidas:

Beneficiario/a

Axuda concedida (€)

Abalo Méndez, Antonio

9.880,00

Adega A Coroa, S.A.T.

8.965,52

Adegas Valmiñor, S.L.

81.110,00

Asociación Wines from Galicia

28.844,40

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

17.160,00

Bodegas Eidosela, S.C.G.

21.317,50

Bodegas Fillaboa, S.A.

27.303,00

Bodegas Marqués de Vizhoja, S.A.

26.150,00

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

113.774,00

Bodegas Terras Gauda, S.A.

64.728,77

Bouza do Rei, S.A.T.

12.255,00

C.R.D.O. Rías Baixas

211.860,26

C.R.D.O. Ribeiro

25.000,00

Carballal Vázquez Abal, S.L.

29.466,50

Compañía de Vinos Tricó, S.L.

18.150,00

Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.

79.050,00

Dominio do Bibei, S.L.

8.475,00

Don Bernardino, S.L.

8.000,00

Enoturismo Acha, S.L.U.

25.000,00

Herederos de María Álvarez Serrano, C.B.

40.595,36

Lagar de Besada, S.L.

5.000,00

Maior de Mendoza, S.L.

20.241,00

Pazo Pondal, S.L.

38.365,00

Prior de Pantón, S.L.

22.505,60

Ramón do Casar, S.L.

3.890,00

Rectoral do Umia, S.A.

27.750,00

S.A.T. Godeval (nº 480 Xuga)

11.103,45

Sucesores de Benito Santos, S.L.

12.199,20

Terra de Asorei, A.I.E.

20.446,40

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U.

28.600,00

Virxe de Galir, S.L.

79.325,00

Vitivinícola del Ribeiro, S.C.G.

21.840,00