Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6395

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o ano 2015.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á Orde do 19 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o ano 2015, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Finalidade: axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas.

Partida orzamentaria: 12.22.713D.770, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Beneficiarios e axudas concedidas:

Beneficiario/a

Axuda concedida (€)

Adega Buezas, S.L.

16.548,50

Adega Condes de Albarei, S.A.

22.612,93

Adegas Tollodouro, S.A.

451.346,51

Adegas Valmiñor, S.L.

29.851,50

Agroverde Pacego, S.L.

53.718,20

Alfonso Reboreda, Francisco Cayo

20.345,19

Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S.C.G.

3.553,20

Bodegas Carballal, S.L.

17.684,53

Bodegas Casal de Armán, S.L.

47.647,58

Bodegas La Val, S.L.

4.962,50

Bodegas Lagar da Condesa, S.L.

32.977,17

Bodegas Lagar de Pintos, S.L.

17.942,22

Bodegas Marqués de Vizhoja, S.A.

89.591,65

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

689.951,65

Bodegas Pazo de Barrantes, S.A.

10.035,38

Bodegas Valdesil, S.L.

11.914,02

Bouza do Rei, S.A.T.

26.794,29

Carballal Vázquez Abal, S.L.

34.312,60

Corisca, S.L.

236,25

Delicias de Lágrimas, S.C.

22.693,40

Don Bernardino, S.L.

10.017,00

Feijoo González, Jorge

4.785,57

Fontán Limeres, Dolores

4.982,67

Mar de Frades, S.L.

136.452,27

Pazo Pondal, S.L.

4.294,50

Penedo Estévez, Manuel

12.489,68

Pilares de Belesar, S.L.

31.303,22

Quinta Couselo, S.L.

198.686,07

Regina Viarum, S.L.

14.041,15

Rodríguez Pérez, Pedro Manuel

13.535,97

Santa Marta, S.A.T.

4.908,75

Solagra, S.A.

30.527,87

Táboas Araujo, Rubén

6.576,27

Tierra, Trabajo y Tradición, 3t, S.A.T.

2.373,00

Vinigalicia, S.L.

645.305,12

Viña Cartin, S.L.

10.614,87

Vitivinícola del Ribeiro, S.C.G.

206.442,92