Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6405

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2015) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, e se convocan para o ano 2015.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 12 de xaneiro de 2015) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, e se convocan para o ano 2015, que figuran como anexo desta resolución. As ditas axudas foron aprobadas con cargo á aplicación orzamentaria 2015 12 22 713D 7810 (promoción e comercialización agroalimentaria); proxecto 2011 00765 (control da calidade); cun crédito orzamentario para o ano 2015 de 200.000 euros.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente

Beneficiario

NIF/CIF

Subvención

G-001-PCC-15

C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218643

25.708,53

G-002-PCC-15

C.R.D.O. Monterrei

Q8255203E

14.755,38

G-003-PCC-15

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

16.708,53

G-004-PCC-15

C.R.D.O. Ribeira Sacra

G27196575

13.708,53

G-005-PCC-15

C.R.D.O. Ribeiro

Q8255201I

10.708,53

G-006-PCC-15

C.R.D.O. Valdeorras

Q8255004G

16.708,53

G-007-PCC-15

C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa

Q1500343G

12.708,53

G-008-PCC-15

C.R.D.O.P. Cebreiro

G27152446

1.269,38

G-009-PCC-15

C.R.D.O.P. Queixo Tetilla

Q8655602D

12.708,53

G-010-PCC-15

C.R.D.O.P. San Simón da Costa

V27152925

2.945,47

G-011-PCC-15

C.R. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Q8255200A

10.708,53

G-012-PCC-15

C.R.I.X.P. Castaña de Galicia

V70206974

2.906,59

G-013-PCC-15

C.R.I.X.P. Mel de Galicia

V15211303

15.958,53

G-014-PCC-15

C.R.I.X.P. Pan de Cea

V32321481

3.079,35

G-015-PCC-15

C.R.I.X.P. Pataca de Galicia

Q7755068I

22.708,53

G-016-PCC-15

C.R.I.X.P. Ternera Gallega

Q1500342I

16.708,53