Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada ditadas por esta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións dos recursos de alzada presentados polos interesados, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Concello

Francisco Javier Rodríguez Rodríguez

34899497X

15030089613R

Recurso de alzada

estimado

A Coruña

José Manuel Naveiro Fernández

77460148N

15078016013R

Recurso de alzada estimado parcialmente

Santiago de

Compostela