Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Miño-Fene (expediente IN407A 2014/046-1).

Expediente: IN407A 2014/046-1.

Promotora: Sucesores de M. Leira, S.L.

Denominación da instalación: liña de media tensión para o túnel Pedra do Couto e LMT a novo punto fronteira autoestrada Miño-Fene.

Concello: Miño-Fene.

Feitos:

1. O 4 de abril de 2015 Sucesores de M. Leira, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 211, do 5 de novembro de 2015 e no BOP núm. 21, do 2 de febreiro de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMT aérea, a 15 kV, en simple circuíto, de 914 metros de lonxitude total, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al, tendida sobre apoios metálicos (nº 1, 3, 4, 5, 6, 7 e 10) e de formigón (nº 2, 8 e 9), composta por:

• Treito 1: de 604 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente metálico tipo C-3000-2T no que se proxecta a instalación dun paso aerosubterráneo (PA/S) e remate no novo apoio proxectado metálico tipo FL-C-2000/14 (apoio nº 10 da nova LMT), no que tamén se proxecta instalación dun paso aerosubterráneo (PA/S).

• Treito 2: de 310 metros de lonxitude, coa orixe no novo apoio apoio proxectado metálico tipo C-1000/18-CA (apoio nº 5 da nova LMT) situado nas proximidades do apoio existente metálico tipo C-3000-2T anterior e remate no apoio FL-C-2000/16-CA existente (apoio nº 1 da nova LMT), no cal se producirá a conexión co novo punto fronteira Unión Fenosa Distribución, S.A.-Industria Eléctrica Sucesores de M. Leira, S.L., obxecto doutro proxecto.

– LMT soterrada, a 15/20 kV, en simple circuíto, de 12 metros de lonxitude, en condutor tipo RHV 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al+H16), coa orixe no paso aerosubterráneo dotado de pararraios autoválvulas proxectado no novo apoio proxectado metálico tipo FL-C-2000/14 (apoio nº 10 da nova LMT) e remate no CT proxectado.

– Novo centro de transformación (CT) proxectado en edificio prefabricado de formigón, marca Schneider Electric, tipo EHC-8T2L, compacto, de 1.000 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,42-0,23 kV, cunha configuración de celas modulares 1L+1P+1M con illamento en SF6, que se vai instalar nas proximidades da boca norte do Túnel Pedra do Couto (autoestrada do Atlántico, treito Miño-Fene).

– O orzamento da instalación segundo proxecto é de 71.933,65 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude a cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, a relativa á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña